Novas

xoves, 22 de agosto de 2019

Ferrol participa na iniciativa da Pelota da Diversidade na Igualdade

A concelleira Cristina Prados explicou que os asistentes ás festas poderán fotografarse coa pelota no punto violeta


A comisión informativa de Benestar Social e Igualdade, que preside Cristina Prados, acordou a participación do Concello de Ferrol na iniciativa Pelota da diversidade na Igualdade, posta en marcha el 8 de marzo de 2018 por alumnos, pais e a mestra titora da Escola Unitaria de Ombre, Isabel García. Eles idearon a bola feita de retais e trapos coa misión de concienciar e sensibilizar a prol da diversidade na igualdade. A escola conta con 13 nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 8 anos. Ese Día da Muller empezou o seu roteiro rodando polas cafeterías de Pontedeume, chegando a mans dos submarinistas, Club Parapente Ferrol, visitou hospitais de Ferrol e Coruña, o Guggenheim en Bilbao e Vigo.

El Concello sumarase á campaña para promover unha cidade igualitaria, diversa e inclusiva. Neste senso, o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, despois do pregón na praza de España será o encargado de pasar a pelota ao punto violeta, na que estará dispoñible para os que estean interesados en fotografarse con ela. A concelleira de Igualdade, Cristina Prados, explicou que “desde o Concello queremos impulsar esta iniciativa posta en marcha pola escola de Ombre”.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar