Novas

xoves, 22 de agosto de 2019

A concelleira de Turismo presentou o programa da conmemoración da batalla de Brión

A festa celebra a victoria dos ferroláns sobre as tropas inglesas en 1800


A concelleira de Turismo presentou o programa das actividades que terán lugar con motivo da celebración da Batalla de Brión. Son xa 30 edicións as que leva Ferrol conmemorando o aniversario da chegada das tropas inglesas á cidade, que tivo lugar no ano 1800.

A edil detallou que no actos participan as asociacións culturais Conxeito, Batalla de Brión, Columba, o colectivo teatral Ferroluna, Fertur e as asociacións de veciños Castelao de Brión, San Felipe e Ultramar e recordou que “foi un momento histórico polo que desde o Concello imos poñer todo o noso esforzo en potenciar esta celebración”. Maite Deus estivo acompañada por el presidente de la asociación Cultural Conxeito, Luis Calvo.

O sábado 24 da agosto os actos centraranse no Castelo de San Felipe. Haberá unha exposición de la Batalla de Brión na la sala de Cureñas e ás doce unha actuación del grupo de gaitas Embruxo. Media hora máis tarde comezará un concerto da Banda Municipal dirixida por Narciso Pillo e pouco antes das dúas celebrarase a Festa da Raíña María Luisa. Ás dúas e cuarto está prevista a chegada dos vixías de Monteventoso.

Ás dúas e media haberá un chamamento na praza de Armas ao pobo de Ferrol e pouco tempo despois unha actuación musical a cargo de Niurka. Finalmente, ás catro arrancarán as visitas guiadas e actividades para nenos.

O domingo 25 de agosto sairá unha lancha do peirao de Curuxeiras a las dez da mañá en dirección ao Castelo de San Felipe e as doce comezará una ruta de doce quilómetros a pé a o monte de Brión. Os defensores sairán do local social de Brión ás doce nunha marcha de 3,5 quilómetros hasta chegar ao mesmo lugar. Asaltantes e defensores, cando se atopen, simularán a batalla e a continuación unha comida campestre. Durante a xornada haberá xogos para os nenos.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar