Praia de Doniños

Ten unha extensión de 1900 m., unha zona dunar e unha lagoa. É un areal semiurbano con paseo marítimo e pequena zona de recreo para menores. É unha praia rectilínea, de areas douradas e galardoada con bandeira azul.

Ventosa e de forte ondada, é moi apreciada polos amantes do surf. Áchase nun contorno rural. As súas dunas e a lagoa convértena nun espazo de interese natural.

No seu límite norte, Punta do Castro, atópanse os restos do castro prerromano de Lobadiz.Tamén conta con algúns restos dunha batería de artillería de costa do s. XVIII, que formaba parte do conxunto defensivo que Conta con dous accesos: Outeiro, na zona norte (zona con amplo parking) e Punta Penencia, ao sur, zona menos masificada.


Como chegar desde Ferrol: Estrada Ferrol San Xurxo; en Valón (km.2), coller desvío sinalizado a Doniños.

Nivel de ocupación alto.
Praia con acceso a minusválidos.
Servizos: chiringuitos, bares, aparcadoiro en ambos os extremos, posto de socorro e salvamento, duchas, papeleiras.

Lumebó

É unha cala salvaxe, de gran beleza, á que só se pode acceder con marea baixa. Frecuentada por persoas nudistas, é unha cala de area fina e resgardada. O seu acceso é moi dificil debido ao escarpado do terreo. Presenta rocas de formas caprichosas que semellan esculturas. Aquí as postas de sol son impresionantes.


Como chegar desde Ferrol: Estrada Ferrol San Xurxo; en Valón (km.2), coller desvío sinalizado a Doniños e desde alí dirixirse a Punta Penencia, no extremo sur da praia.

Nivel de ocupación baixo.
Non dispón de servizos, aínda que o autobús urbano chega ás inmediacións, a Doniños.

Cala rochosa, ventosa e con ondada, pero cunhas magníficas vistas das illas Gabeiras. É ideal para as persoas afeccionadas ao mergullo polas súas augas claras e os restos dun naufraxio. A súa area é grosa e rochosa e non ten servizos fóra dun pequeno aparcadoiro e unha rampla para embarcacións de pesca.

Como chegar desde Ferrol: Estrada Ferrol San Xurxo, a menos de 1 km. antes de chegar a Doniños desde o norte, tomar desvío á dereita. Acceso sen asfaltar.

Nivel de ocupación alto.
Servizos: pequena área de aparcadoiro. O autobús urbano chega á veciña praia de Doniños.

Praia situada nunha belísima baía, con area branca e fina e auga cristalina, de cor azul- verdosa. Con todo, é ventosa e con forte ondada, polo que resulta perigosa para o baño. Ideal para as persoas afeccionadas ao surf, o bodyboard e windsurf. Sitúase nun contorno rural e ten unha zona de fondeo de embarcacións.
Conta cunha lonxitude de 2.100 m. Posúe bandera azul.

Accédese ao areal desde A Pedreira ou desde Vila da Area, que é a zona menos concorrida.

San Jorge
San Jorge

Como chegar desde Ferrol: Estrada Ferrol-San Xurxo.

Nivel de ocupación medio-alto.
Servizos: bar e restaurante, aparcadoiro, posto de socorro e lancha de salvamento, duchas, papeleiras.
O cámping As Cabazas e a área recreativa do mesmo nome están moi próximos.

Praia aberta, de area branca e fina, con forte ondada e vento, o que a fai adecuada para os deportes acuáticos. A súa lonxitude é de 160 m. Supón unha continuación da praia de San Xurxo da que está separada por unhas rochas e, do mesmo xeito que esta a Fragata (seguinte praia que nos atopamos), está no medio rural.

Esmelle
Esmelle

Como chegar desde Ferrol: Estrada Ferrol-Covas e tras pasar Covas, tomar camiño a Esmelle.

Nivel de ocupación medio-alto.
Servizos: aparcadoiro, posto de socorro, duchas. O cámping As Cabazas e a área recreativa do mesmo nome están moi próximos.

Coñecida tamén co nome de Porto Belo. Sitúase nunha contorna rural, entre as praias de Ou Vilar e Esmelle, formando xunto coa praia de San Xurxo a belísima baía natural de San Xurxo. A súa extensión é de 200 metros por 50 metros de ancho. É unha praia de area branca, ventosa e con bastante ondada, aínda que este é menor que en Esmelle.

Como chegar desde Ferrol: Estrada Ferrol-Covas e tras pasar Covas, tomar camiño a Esmelle.


Nivel de ocupación alto.
Servizos: aparcadoiro, posto de socorro, duchas e quioscos de tempada. O cámping As Cabazas e a área recreativa do mesmo nome están moi próximos.

O Vilar

Contigua á Fragata, é unha praia en forma de cuncha, de area branca e fina, ventosa e con ondada (menor no seu parte dereita).A súa contorna é rural, con chalés de veraneo.Á dereita, unhas rocas dan paso, en marea baixa, á praia dos Botes. Atópase próxima á parada de bus de Beceiro.Ten unha lonxitude de 250 m.

Como chegar desde Ferrol: Estrada Ferrol-Covas e tras pasar Covas, tomar camiño a Esmelle.

Nivel de ocupación: medio-alto.
Servizos: aparcadoiro, posto de socorro, bar, duchas, papeleiras.

Cala dun 65 m. situada nas inmediacións da cetarea-restaurante de Covas e do Cabo Prior, que desaparece case totalmente coa marea alta. Ventosa, de area fina con birlos e rocas, a miúdo presenta unha forte ondada. Unha das calas preferidas dos mergulladores. Como chegar desde Ferrol: de Ferrol dirixímonos a Cabo Prior e, antes de chegar ao faro, en Prioiro, tomar o desvío á cetaria de Covas, que está xunto a esta cala. Pasamos a cetaria ata a seguinte pista sen asfaltar, á dereita.

Como chegar desde Ferrol: de Ferrol dirixímonos a Cabo Prior e, antes de chegar ao faro, en Prioiro, tomar o desvío á cetaria de Covas, que está xunto a esta cala. Pasamos a cetaria ata a seguinte pista sen asfaltar, á dereita.

Nivel de ocupación: baixo.
Servizos: restaurante, zona de aparcadoiro a da cetaria.

Praia rectilínea, de 1500 m. de lonxitude e unha anchura de 25 m. De area branca, ventosa e con forte ondada. É unha paraxe rural non urbanizada, de gran interese natural e tamén histórico, que destaca por albergar unha ermida na illa de Santa Comba. Ideal para practicar deportes náuticos, como o surf.

Santa Comba
Santa Comba
Santa Comba
Santa Comba

Como chegar desde Ferrol: estrada Ferrol-Covas; pasar o núcleo de Covas, A Pedreira e tomar camiño á praia.

Nivel de ocupación: medio.
Servizos: aparcadoiro nos extremos, posto de socorro, duchas. Autobús urbano ata Covas.

É unha paradisíaca cala de augas cor verde esmeralda, rodeada de cantís e da Illa de Santa Comba ou Illa do Medio. En realidade é unha prolongación da praia de Santa Comba, da que está separada por un cantil. É unha cala recollida, de area fina, pero só se pode gozar dela coa marea baixa.


Como chegar desde Ferrol: estrada Ferrol-Covas; pasar o núcleo de Covas, A Pedreira e tomar camiño á praia.

Nivel de ocupación: baixo.
Servizos: aparcamento, autobús urbano ata Covas.

Praia virxe que se atopa nunha zona rural non urbanizada e con zonas verdes próximas. É unha praia rectilínea, duns 1400 m.de lonxitude, de area branca e fina. É ventosa e presenta importantes resacas. Moi frecuentada polos amantes do surf e por aqueles que gustan de pasear ou correr na area mollada. Separada só por unhas rochas da solitaria e bonita praia de Casal, pertencente a Narón e de dificil acceso por terra. Ten unha zona nudista na parte dereita, mirando cara ao mar.

Ponzos conclúe cara a poñente en dúas praias pequenas, Medote e Sartaña.

Ponzos
Ponzos

Como chegar desde Ferrol: estrada Ferrol-Covas; pasar o núcleo de Covas, A Pedreira e tomar camiño á praia.
Ocupación media-baixa.
Servizos: aparcadoiro, posto de socorro, duchas, quioscos de tempada. Autobús urbano ata Covas.

Calas de Medote e Sartaña

Son dúas calas de area branca e fina, illadas e salvaxes, separadas entre si por unhas rochas. Sitúanse ao extremo occidental da praia de Ponzos e desaparecen case completamente con marea alta. Ambas son ventosas e con ondada. Sartaña conta con zona de fondeo de pequenas embarcacións.

Como chegar desde Ferrol: estrada Ferrol-Covas; pasar o núcleo de Covas, A Pedreira e tomar camiño á praia de Ponzos.
Ocupación baixa.
Servizos: pequeno aparcadoiro entre ambas as calas e tamén en Ponzos. Posto de socorro en Ponzos e transporte urbano só ata Covas.

Praia da Graña

Praia da ría de Ferrol, de area dourada e fina, resgardada do vento e ideal para o baño e deportes náuticos como remo, vela lixeira... O seu entorno é semiurbano, cun pequeno paseo marítimo.

Conta cun porto deportivo flotante con taller de reparacións, servicio de gasóleo, guindastre, etc.

Como chegar desde Ferrol: estrada Ferrol-A Graña.
Ocupación alta.
Servizos: aparcamento, bares, restaurantes, duchas, papeleiras, posto de socorro e transporte urbano.

Caranza

É unha praia artificial, de area branca, orientada ao sur e con augas tranquilas por estar na ría de Ferrol e pouco vento. Atópase no barrio de Caranza e conta con paseo marítimo. Aquí ten a súa base unha escola de windsurf.

Como chegar desde Ferrol: Barrio de Caranza
Ocupación media.
Servizos: acceso minusválidos, aparcadoiro, duchas, posto de socorro, quioscos de tempada e transporte urbano.

Pequena praia da aldea de Cariño, con area branca e augas tranquilas e transparentes. Protexida dos ventos, sitúase nun contorno rural urbanizado con algunhas casas. Paisaxe con abundante vexetación.

Como chegar desde Ferrol: Carretera da costa, bordeando a ría e saíndo de Ferrol pola Malata.
Nivel de ocupación baixo.
Servizos: duchas.

San Felipe

Situada na ría de Ferrol, moi preto do Castelo de San Felipe, na aldea do mesmo nome. É unha pequena praia (uns 100 m), de area fina e protexida do vento que case desaparece coa marea alta. Constitúe unha zona de fondeo de embarcacións pesqueiras, polo que non é moi apta para grandes nadadores.

Como chegar desde Ferrol: estrada da costa, bordeando a ría e saíndo de Ferrol pola Malata. Seguimos indicacións ao Castelo de San Felipe.
Nivel de ocupación baixo.
Servizos: aparcadoiro próximo (castelo), restaurantes, papeleiras, bancos e transporte urbano.