Prepárate para pasar a tarde da túa vida na bela contorna da ría de Ferrol. Descubrirás a historia local vista desde o mar para finalizar o día cunha deliciosa cea a bordo e un concerto en directo mentres gozas da posta de sol fronte ao Castelo de San Felipe. Vive un momento máxico e exclusivo xunto aos teus familiares ou amigos.

¡A cea en lancha da Ría de Ferrol será unha velada que nunca esquecerás!

Datas e Horarios de saída

O barco sae do porto de Curuxeiras, xunto ao Arsenal Militar ás 20:30 horas.

As ceas en lancha estarán dispoñibles os venres e sábados nas seguintes datas:

  • Agosto: 19, 20, 26 e 27
  • Setembro: 2, 3, 9 e 10

Distribución en mesas:

O barco dispón de 12 mesas con capacidades entre 4 e 2 comensais por mesa. A organización tratará de facilitar que a distribución nas mesas sexa o máis similar á reserva, pero é posible que algunhas persoas teñan que ser situadas en mesas distintas con outros comensais.

Prezos

  • Menú adulto: 40 €
  • Menores de 12 anos: 10€

Requírese un mínimo de 10 adultos entre todas as reservas que se realicen para que poida levar a cabo a actividade. De non alcanzarse esa cota mínima, a actividade suspenderase e os importes abonados poderán ser devoltos ou trocados por outra praza nalgunha das saídas previstas.

Menú 1
  • Empanada de lacón, grelos, chourizo e queixo de Arzúa
  • Ceviche de polbo sobre allo branco e crudités de mazá, aguacate, tomate galego e cebola vermella
  • Taco de carrillera de porco celta con cenoria, cebola crujiente e teriyaki
  • Regado con Godello Alan do Val e Mencía D`Berna
  • Sobremesa: Crema de queixo galego con coulis de castaña galega
Menú 2
  • Empanada de zamburiñas con xamón
  • Salpicón de mexillón con pescada galega
  • Brioche de tenreira galega con pico de galo e salsa de queixo galego
  • Regado con Godello Alan do Val e Mencía D`Berna
  • Sobremesa: Torta de Santiago con xeado de vainilla
Menú infantil (Menores de 12 anos)
  • Nuggets de pito
  • Pinsa de xamón e queixo
  • Auga ou refresco
  • Sobremesa: Brownie