Aviso a viaxeiros con autocaravana: debido á celebración do Rallye de Ferrol o parking de autocaravanas da Malata permanecerá pechado desde primeira hora do xoves 19 de xullo ata a medianoite do venres 20.

O parking máis próximo é o de Río do Pozo, no Concello de Narón.

A área sitúase na Malata, a uns 2 km do centro de Ferrol, próximo ao recinto feiral e ao campo de fútbol e ao porto de Curuxeiras, Km 0 do Camiño Inglés a Santiago de Compostela.

En Curuxeiras, no verán e Semana Santa, é posible tomar un barco para dar un paseo pola ría de Ferrol ou ata a veciña vila de Mugardos, moi popular polo seu “polbo á mugardesa”.

Nas súas proximidades hai un carril bici, parque e zona de xogos infantil.

A gasolineira máis próxima atópase a 1 km aproximadamente.

  • Auga potable
  • Baleirado de augas grises
  • Baleirado de augas negras
  • Zona de picnic
  • Posibilidade de pasar a noite