En Ferrolterra celébrase todos os veráns o Pantín Classic Galicia Pro (www.pantinclassic.org), campionato internacional de surf xestionado polo Club Praia de Pantín desde o 2008. En 2009 o Pantín Classic é nomeado mellor evento deportivo de Galicia pola Xunta. Xa en 2010 Pantín convértese, xunto con Azores, na única praia de Europa na que se celebran simultaneamente unha proba masculina e feminina WQS 6 estrelas.
Na praia de Doniños fronte á parada do bus e a escasos 100 m da costa.
Tlf: 615304583
Email: spotsurfschool@gmail.com
Web: http://escueladesurfspot.blogspot.com.es
Ademais das clases de surf organizamos excursións pola costa a calas próximas de Doniños e temos un servizo de aluguer de material.
Clases de surf:
Desde o nivel máis básico de iniciación (primeira onda) pasando por perfeccionamento, ata chegar ao nivel de competición.
As clases impártense na praia de Doniños, pero tamén nos desprazamos a moitas outras praias da nosa costa en busca das mellores condicións para a práctica do surf dependendo do nivel do surfeiro.
O tamaño dos grupos pode ser desde 1 (clase persoal) ata un máximo de 30. Os prezos varían da tempada de verán á de inverno e segundo o número de alumnos. Dispoñibles distintos tipos de bonos con descontos e cotas mensuais fixas no inverno.
As clases inclúen todo o material necesario para a práctica do surf ou bodyboard, seguro e a duración é de dúas horas.
As clases de inverno inclúen material, seguro en caso de grupos e tamén o transporte á praia.
Abertos en xullo e agosto, resto do ano traballamos có club deportivo NATIVOS SURF CLUB.
Esta semana santa o clube terá clases de surf todos os días se as condicións do mar o permiten. O horario dependerá das mareas pero soe ser de 11:00 a 13:00 horas.
Prezo: 25€ (esto inclúe todo o material + as 2 horas de clase).
Inscricións: chamando ou mandando un whatsApp ao 615 304 583.
San Xurxo da Mariña 8, Praia de Doniños
Tlf : 605 182 537
Web: www.thecamp.es
Aloxamento na surfhouse:
A surfhouse sitúase a menos de 500 m. da praia de Doniños e conta con 580 metros cadrados distribuídos en tres plantas, onde se poden aloxar ata 50 persoas. Son 7 habitacións, salón con TV e Xbox One con Kinect, cociña totalmente equipada, comedor, 2 cuartos de baño, 1 aseo, ximnasio e surfboard room. No exterior disponse dun extenso xardín con grellada, cama elástica, rede de balonvolea e aparcadoiro.
O espazo da casa é modulable e alúgase para grupos que queiran celebrar eventos, concentracións deportivas, viaxes de fin de curso, programas de teambuilding, etc.
Igualmente tamén para xente que viaxe de modo individual, en parella ou familia, tanto en tempada baixa (1 ao 18 de xuño e do 12 ao 30 de setembro) como alta (19 de xuño ao 11 de setembro), en réxime de AD, MP ou PC.
Deseñamos viaxes deportivas ou multiaventura combinando o surf con outras actividades como montar a cabalo, mergullo e kaiak ou vivir unha experiencia única de relaxación con sesións de ioga, trekking, coaching...
Dirección: Lugar da Cabana, Montecoruto nº 120, Ferrol
Tlf : 647 419 284
Web: www.ferrolsurfschool.com
Aloxamiento
Situado nun pequeno pobo rural na costa galega virxe, A CABANA, lugar tranquilo onde a escasos minutos a pé poderás gozar de bos restaurantes con vistas á Ría de Ferrol. Contamos con habitacións individuais, dobres e triples, que estarán dispostas en función das túas necesidades.
En menos de 15 min viaxando en coche poderás estar en máis de 8 praias diferentes: Doniños, San Xurxo, Esmelle, A Fragata, O Vilar, Santa Comba, Ponzos, Campelo…
Cursos de surf
Incluén:
Cursos de ioga
Impartidos por Isabel, profesora de Hatha Ioga, formada na Escola Internacional de Ioga que está homologada pola European Ioga Federation, FEYP, Ioga Alliance e FEDEFY.
Monitora de Actividades de Lecer e Tempo Libre. Coñecementos en ioga para menores.
A práctica do ioga en grupos reducidos (máximo 6 participantes) pode ser na nosa casa ou na localización que se acorde co grupo. Tamén existe a posibilidade de ter clases a nivel individual.
Luís Rodriguez foi Subcampión do mundo ISA, campión de Europa EUROSURF e varias veces campión de España e Galicia. Todo un profesional para ensinarche os mellores trucos do surf.
A paixón polo surf e a experiencia adquirida é o noso sinal de identidade e iso demóstrase na calidade das nosas clases con grupos reducidos, material de primeira calidade, seguros de responsabilidade civil e monitores de primeirísimo nivel encabezados por Luís Rodríguez.
Clases de surf:
Clases para grupos reducidos para todos os niveis e idades impartidos por un surfeiro profesional. Clases técnicas para mellorar a túa técnica e progresar na auga.
Dispoñemos de bonos diarios, semanais, mensuais e clases particulares.
Posibilidade de dar clases de ioga ou combinalo con surf e ioga.
Lugar: Camping As Cabazas, Covas
Nesta escola os instructores enfocan a clase en función dos obxectivos particulares de cada alumno, adaptándose a todas as idades e niveis. Contan con monitores e socorristas titulados e altamente cualificados.
A duración da clase será de 2 horas aproximadamente y e levarase a cabo na praia que reúna as mellores condicións de mar e viento. Imparten tamén clases particulares para 1 persona (60€ unas 2 horas) ou para 2 personas (40€ por persona 2 horas) e disponen de abonos de otoño/invierno.
HORARIO (verano)
LUNES-VIERNES: 10:00 -12:00 y 16:00 – 18:00
SABADO Y DOMINGO: 10:00 -12:00
Las clases incluyen el seguro obligatorio y el siguiente material:Algunas tarifas: