Enderezo: r/ Socorro, 6 Baixo

15401 Ferrol

Teléfonos:981 354 992 / 692 770 808

E-mail: contacto@elgaleoneam.com


ACTIVIDADES

  • Saídas programadas de mergullo: chama e reserva a túa saída a fin de semana que elixas.
  • Bautismos de mergullo no mar: a actividade estrela e a ideal para persoas que desexen iniciarse nas marabillas do mundo submarino e non estean seguras de realizar o curso de mergullo, é unha toma de contacto co mundo mariño.
  • Charters en barco e clases de aquaskipper.
  • Alugamento equipos lixeiros e pesados: ampla cantidade de equipos de mergullo, para alugar.
  • Recarga de botellas: equipo de recarga de botellas de aire homologado por industria.

Buceo
Buceo

INSTALACIÓNS

En sus instalaciones cuentan con:

  • ESCOLA DE NAVEGACIÓN do tipo ENAL, homologada pola Xunta de Galicia que os habilita para a impartición de cursos de titulacións náutico deportivas e a certificación das súas prácticas correspondentes. Títulos: patrón de navegación básica, patrón de embarcacións de recreo, patrón de iate e capitán de iate.

  • ESCOLA DE MERGULLO, delegada da Federación Galega de Actividades Subacuáticas (FEGAS).

TITULACIÓNS

Titulacións de mergullo impartidas:

  • Mergullador unha estrela B1E: curso inicial, necesario para realizar inmersións ata unha profundidade máxima de 25m.
  • Mergullador dúas estrelas B2E: curso medio, necesario para realizar inmersións ata unha profundidade máxima de 30m.
  • Mergullador tres estrelas B3E: necesario para realizar inmersións a máis de 40m.
  • Curso de pesca submarina: aprenderás as técnicas máis adecuadas para realizar a actividade con total seguridade.
  • Especialidades de mergullo: mergullo adaptado (para persoas con mobilidade reducida), mergullo en pecios, etc.

TENDA DEPORTIVA

Especializada en todo tipo de material de mergullo, pesca submarina, acastillaxe náutica e roupa técnica. Ademais poderás atopar todo o equipo de seguridade, utensilios e accesorios para a túa embarcación.

Buceo

Móvil: (+34) 629 768 965 (Kike Ocampo)

buceoferrol@buceoferrol.com

https://www.facebook.com/BuceoFerrol/

Open Water Scuba Instructor PADI Nº: 316131

Lab ADVANCED Technician Mares nº: HS-A-1404255

Rexistro Turismo - Xunta de Galicia: TD-CO-322

Facebook: BuceoFerrol

Twitter: @BuceoFerrol



  • - Cursos de Mergullo para todos os niveis, desde Bautismos a Dive Master.
  • - Saídas organizadas, na costa de Ferrol e outros municipios próximos, segundo demanda, os 365 días do ano e as 24 horas (inmersións mañá, tarde e nocturnas). Realízanse indistintamente desde terra ou desde a embarcación. Adoita mandar o nivel do mergullador que primeiro contrata un horario de saída. E realízanse sempre segundo demanda, adaptando a saída ás necesidades, adestramento e condicións físicas do cliente.
  • - Alugamento de material e equipos.
  • - Mantemento e reparación de equipos.
  • - Seguros de mergullo.

    Impártense nas partes habilitadas no Centro de Mergullo e na Ría de Ferrol.

    Saídas organizadas: en toda a costa litoral do Concello de Ferrol e outros concellos próximos.

  • Tipos:
    • * Bubble Makker: idades recomendadas entre 6 e 10 anos (60€/ Alumn@).
    • * Seal Team: idades recomendadas entre 11 e 13 anos (80€/ Alumn@).
    • * Discover Scuba Diving (Bautismo de Mergullo): (o centro achegará todo o material necesario, para a realización do curso) Idades recomendadas entre 6 e +90 anos (75€/ Alumn@).
    • * Scuba Diver: (o centro achegará todo o material necesario, para a realización do curso) En Galicia, por DOGA, idades entre 16 e +90 anos (250€/ Alumn@).
    • * Open Water Diver: (O Centro achegará todo o material necesario, para a realización do Curso).En Galicia, por DOG, idades entre 16 e +90 anos (350€/ Alumn@).
    • * Advanced Open Water Diver: (requisito ter realizado o Open Water Diver).En Galicia, por DOG, idades entre 16 e +90 anos (275€/ Alumn@).
    • * Adventures: (requisito ter realizado o Open Water Diver).En Galicia, por DOGA, idades entre 16 e +90 anos. Por exemplo: Especialidade Nitrox: (200€/ Alumn@).
    • * Primeiros Auxilios E DESA: Idades recomendadas entre 6 e +90 anos (170€/ Alumn@).
    • * Rescue Diver: (Previamente ter realizado o Advanced Open Water Diver).En Galicia, por DOG, idades entre 16 e +90 anos (320€/ Alumn@)
    • * Dive Master: (Previamente ter realizado o Rescue Diver + Primeiros Auxilios e DESA).En Galicia, por DOG, idades entre 16 e +90 anos.
    • =>Nós certificamos baixo os procedementos e estándares de PADI.

Notas:

-Certificamos baixo os procedementos e estándares de PADI.

-O tamaño mínimo é 1 alumn@ (cóbranse os prezos da tarifa en vigor) e o máximo de 10 alumn@s, por dispoñibilidade de equipos.

Tarifas para grupos:

En función do curso, o número de persoas que integren o grupo e as datas nas que queiran realizar o curso, aplicaranse descontos.

  • - A formación: nas partes habilitadas no Centro de Buceo e na Ría de Ferrol.
  • - As saídas organizadas: en toda a costa litoral do Concello de Ferrol e outros concellos próximos.

En función do curso, o número de persoas que integren o grupo e as datas nas que queiran realizar o curso, aplicaranse uns descontos ou outros adaptándoo ás características e necesidades de l@s client@s/alumn@s.

Existen bonos aplicables a toda a tarifa (excepto á formación) de 5+1, nos cales pagarían, por exemplo: 5 cargas de botellas de 12 litros a 200 bares e faríaselles unha carga gratis. Ao noso alumnado fáiselle bonos de 4+2.

O tamaño mínimo é a Unidade = 1 alumn@ (cobrándose os prezos da tarifa en vigor) e o máximo de 5 alumn@s, por dispoñibilidade de equipos.

Alugamento de barco con patrón, por media xornada ó xornada completa.

Recollida e traslados do Hotel ao Centro de Mergullo, ata un máximo de 6 persoas (sen equipaxe), segundo demanda.

Aloxamento, transporte e comidas, segundo demanda.

Buceo